Galicia

A conselleira de Sanidade garante que «non haberá limitacións económicas» nos tratamentos a pacientes de Hepatite C

A conselleira de Sanidade asegurou que «non vai haber ningunha limitación por un tema económico» nos tratamentos aos enfermos de Hepatite C, e engadiu que, «evidentemente, as limitacións» que hai son as que están recollidas nas estratexias e nas indicacións da Axencia Española do Medicamento.

En declaracións antes de participar nun acto no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), Raquel Mosquera indicou que aínda non ten data para a reunión co colectivo de pacientes enfermos de Hepatite C, xa que está pendente de que se peche o día en que se reúne o Consello Interterritorial de Sistema Nacional de Saúde (CISNS).

A conselleira subliñou que a Xunta traballará cos expertos e coa Axencia Española do Medicamento para «garantir a todos os pacientes en termos de equidade» en todo o Sistema Nacional de Saúde. Mosquera adiantou que os pacientes «van ter a disposición os medicamentos seguindo sempre os criterios clínicos e dos expertos» e «non vai haber ningunha limitación por un tema económico».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.