Comarcas Video

Feijóo xustifica o gasto de 300.000 € no vídeo de Enrique Iglesias

El presidente Feijóo

O presidente Feijóo xustificou este xoves que o Goberno galego destinase 300.000 €-50 millóns das desaparecidas pesetas- a un videoclip do cantante Enrique Iglesias afirmando se trata dunha acción de promoción turística “máis” para atraer visitantes a Galicia.

Na rolda de prensa posterior ao Consello o xefe do executivo comparou as ‘descargas’ que pode ter este vídeo co custo que supón un ‘anuncio’ nunha cadea de televisión estatal e reiterou que, ao seu Goberno, o que lle interesa é “dar a coñecer Galicia no mundo”. O presidente subliñou que “cantos máis millóns de persoas vexan imaxes” de Galicia máis posibilidades hai de que esta se converta en destino turístico.

“O importante serán os datos e os resultados, se son bos para o turismo de Galicia,”, engadiu, citando como exemplo de patrocinio  La Vuelta Ciclista a España ou a películas “que falen de Galicia aínda que sexa con actores estranxeiros”- en referencia ao filme inspirado no Camiño de Santiago e protagonizado por Martin Sheen- hijo de Francisco Estévez, un emigrante de Salceda de Caselas-, ‘The Way’.

 

También te puede interesar