Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másComerciantes de A Pedra estudan pedir licenza ao Concello para poder vender na rúa
Comerciantes de A Pedra de Vigo, que teñen pechados os seus locais na ‘Operación Cuarzo’ hai preto de cinco meses, están considerando pedir unha autorización ao Concello para poder vender na rúa. Logo de dous meses e medio concentrándose todas as semanas, os comerciantes subliñaron que están estudando cantos postos e que días poderían facer ese mercado, ainda que lembraron que todo depende dunha autorización municipal.
Hai que lembrar que na redada policial de outubro so o 10% da mercancía que tiñan nos postos estaban relacionada coa causa que aberta pola venda de supostos productos falsificados, pero o 90% era “normal e corrente” e, “ainda asi aos titulares dos 45 locais non se lles deixa entrar nos seus postos e recuperar a mercadoría que é súa…isto é unha catástrofe”.
Ademáis de poder volver ao seus traballos-“porque temos que seguir pagando a lincenza dos postos, seguros sociaies e varios de nos, gastos de persoal”– pediron que lles deixen acceder ás súas contas bancarias, “non temos ingresos e todos debemos manter as nosas familias”.
A estos feitos súmase outro, segundo indicou o voceiro dos comerciantes e xerente de Vigovello: hai sies locais da asociación de comerciantes, “que non está imputada na causa” que se atopan baleiros, logo de que os seus titulares deixasen a concesión, locais aos que a asociación non pode entrar; “se os anteriores titulares teñen algo de que responder que respondan, pero que os locais retornen ao concesionario”, pediu o voceiro, que criticou que se “aplica a pena non ao antigo titular, senón ao dono”.