A Dirección Xeral de Tráfico (DGT), iniciará este luns, día 9, e ata o vindeiro domingo, día 15, unha campaña intesiva de control do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención dos cativos nos coches.
A Delegación do Goberno en Galicia subliña que esta iniciativa é parte da programación das operacións especiais que ten previstras Tráfico para este ano e que ten coma obxectivo, ademáis da mellora da seguidade vial, concierciar aos conductores e viaxeiros da importancia de que teñan comportamentos seguros.
Toda a semana que ven, os axentes da Garda Civil aumentarán os controis para comprobar que, conductor e ocupantes, usan o cinto e que os rapaces levan os sistemas axeitados de seguridade, dacordo coa súa estatura, idade e peso.
O cinto e os sistemas de protección dos cativos son, segundo Tráfico, como os máis sinxelos e eficaces para garantir a seguridade en todas as viaxes ademáis de ser “imprescindibles” para que o air-bag sexa eficaz.
Segundo a DGT, o seu uso reduce á metade o risco de morte nun accidente: en 2013 un 22% dos usuarios de coches e furgonetas que morreron en accidente de tráfico non levaban o cinto, unha porcentaxe que nas cidades aumenta ata preto do 30%.
No que atingue aos rapaces, o 43% viaxan con sistemas de seguridade non axeitados: un neno que non está suxeito multiplica por 5 as posibilidades de que haxa lesións mortais o moi graves se hai un accidente.