Deportes

#CiesParaElMundo Gómez Noya competirá en Vigo, no III ‘DesafíoIllasCíes’

Gómez-NoyaO catro veces campeón do Mundo de Triatlón Javier Gómez Noya confirmou a súa participación na terceira edición do ‘DesafíoIslasCíes’ que se organizará en Vigo o 27 de setembro. Os organizadores confirmaron esta mañá a presencia do subcampeón olímpico que chegará a Vigo unha semana despois de acabar a súa competición ao máis alto nivel.

Este Medio Iron, no que competiron o ano pasado 500 participantes de todo o Estado, inclúe 1,9 quilómetros nadando, 90 en bicicleta e 21 quilómetros de carreira, unha media maratón.

Tamén este verán, pero neste caso o 29 de agosto, organizarase en Vigo a sexta edición da Travesía a nado DesafíoIslasCíes, que consiste en percorrer o traxecto de 10 quilómetros que separa as Illas Cíes da praia de O Vao.

También te puede interesar