É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer más1,3 millóns da Xunta para contratar a 160 perceptores da Risga en 14 concellos da Área de Vigo
A Xunta destinará 1,3 millóns de euros aos 14 concellos da área de Vigo para a contratación laboral de 160 perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (Risga), segundo avanzou este xoves a directora xeral de Familia e Inclusión.
Amparo González explicou que nesta convocatoria duplicouse o presuposto, que pasa de 5 a 10 millóns de euros, polo que “ningún Concello quedará fóra”, como si aconteceu o pasado ano. Así, 210 municipios galegos solicitaron estas axudas – 52 deles na provincia de Pontevedra-.
No caso da área de Vigo, os 14 concellos recibirán 1,3 millóns de euros, que poden ser máis, porque a Mancomunidade tamén participou na convocatoria. O Concello de Vigo pediu que se subvencionen 40 contratos para persoas que se encargarán, fundamentalmente, de limpeza de fachadas.
A Xunta sufraga o 100% dos custos laborais destes contratados, que están suxeitos ás mesmas condicións que o resto de traballadores de cada un dos concellos: contratos polo 75 % da xornada laboral, e de 7 meses de duración.
A preguntas dos medios sobre os atrasos na resolución dos expedientes de concesión da Risga, a directora xeral salientou que a Xunta “segue traballando co compromiso de que a inclusión social chegue a todas as persoas que o necesiten…é a nosa prioridade”, indicou, e asegurou que, entre as xestións que dependen da Xunta e os trámites dos concellos, o prazo de resolución das solicitudes está en “tres meses”, eso sí, non precisou cántas persoas están en lista de espera para coñecer se son beneficiarias desa renda.