Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másAlberto, ¿estás na casa?
Como anunciaron hai uns días, un cento de armadores e mariñeiros do ‘cerco’, concentráronse este sábado pola mañá diante da residencia do presidente do Goberno galego, en Monte Pío. Os manifestantes sacaron faixas que describían a situación de dificultade na que están logo do recorte na pesca da sardiña, xurelo e xarda que, como denunciaron, non dan nin para pagar os gastos.
‘Queremos pescar, non roubar’, ‘O que fixo o reparto quedaría farto’ ou ‘Ruñina total e ao Goberno dalle igual’, foron algún dos lemas que berraron durante a concentración, os mesmos que estaban escritos nas pancartas.