É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másBruxo Queiman e Andrea Pousa invaden Vigo con ‘Keltia, o musical’
O teatro Afundación-García Barbón- de Vigo será, este sábado, día 21 ás 8 e media da tarde, o esceario da estrea de ‘Keltia’, o musical creado e protagonizado por Bruxo Queimán e Andrea Pousa.
Segundo o propio Queiman, trátase dun guión baseado en lendas atlánticas, no que hai unha mixtura de “mouras, bruxas, celtas, romanos e peregrinos”, como ratfica Andrea Pousa. A representación, que Queiman califica de “espectacular, innovadora e impresionante”, conta coa interpretación, en directo, de seis instrumentistas, bailarinas e cantantes, e é froito da “fusión” dos traballos de Pousa e Queiman, en 2014, “para que o público atopase as súas orixes e tradicións”.
As entradas para Keltia están á venda en: Central de espectáculos (Velázquez Moreno, 26-Vigo), Pazo de Cea (Nigrán) , Servinova e Hotel Bahia de Vigo, dende 9 €.