Galicia

5.209 denuncias contra violencia machista, o ano pasado en Galicia

Violencia machistaGalicia rexistrou o ano pasado 5.209 denuncias por violencia de xénero, segundo os datos publicados este venres polo Observatorio da Violencia Doméstica e de Xénero, adscrito ao Consello Xeral do Poder Xudicial.

A galega sitúase como a sexta comunidade con maior número de denuncias, por detrás de Andalucía (27.452), Madrid (19.270), Cataluña (17.342), Valencia (16.635) e Canarias (6.936).

Ademais, a taxa de denuncias situouse en 36,60 por cada 10.000 mulleres galegas, unha das máis baixas do Estado. En canto a ordes de protección, resolvéronse 829 dun total de 1.327, mentres que 497 foron denegadas, segundo os datos publicados este venres.

Pola súa parte, no conxunto do Estado, as denuncias por violencia de xénero repuntaron un 1,5% en 2014 tras cinco anos de caídas, aínda que a cifra rexistrada polo Observatorio para a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial, un total de 126.742, segue por debaixo dos niveis alcanzados en todo o lustro anterior.

En concreto, estas 126.742 denuncias presentadas o ano pasado supoñen unha suba do 1,5% fronte ás 124.894 rexistradas en 2013. Non obstante, en 2012 foran 128.543, en 2011 un total de 134.002, en 2010 alcanzaron as 134.105, en 2009 chegaron a 135.540 e en 2008, tocaron teito tras unha suba do 12,5% con 142.125.

También te puede interesar