Galicia

Un alcalde, o de Teo, delega as súas funcións e renuncia ao seu soldo durante a campaña electoral das Municipais

O alcalde de Teo, Martiño Noriega
O alcalde de Teo, Martiño Noriega

O alcalde de Teo, Martiño Noriega, de Anova, delegará as súas funcións no tenente de alcalde e ven de renunciar ao seu soldo durante os días que dure a campaña electoral para as Eleccións Municipais.

Así o resolveu, e por escrito oficial de 10 no que indica que delega «a totalidade das funcións que lle corresponden á alcaldía entre os días 8 e 25 de maio». Noriega poderá seguir exercendo as súas funcións dende a finalización do período electoral até a constitución das novas corporacións despois dos comicios a mediados de xuño.

A cesión das súas funcións está autorizada por lei nos artigos 44 e 47 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, que a miúdo se emprega en casos de enfermidade, vacacións ou viaxes.

Por outro lado e tal como se especifica no segundo punto da resolución, o salario do alcalde durante o período de delegación pasará a ser «destinado a actividades de dinamización veciñal».

Sin título

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.