O director xeral de Cardama confirmou este luns que o astaleiro iniciará a construción de catro barcos por un importe total de 70 millóns de euros.
Logo do acto de presentación dun proxecto de I+D+i en Vigo, Mario Cardama indicou que os buques son un ‘multipropósito’ para Iraq, un remolcador para Mozambique, outro ‘multipropósito’ para Senegal, e un ferry para o goberno de Angola e que, en conxunto, suporán carga de traballo para uns dous anos.