
O alcalde informou este mércores que a gala de entrega dos galardóns de Vigueses Distinguidos 2015 celebrarase o 28 de maio, logo da campaña electoral, para evitar acusacións de electoralismo.
A esa data móvese para catro días despois das Eleccións Municipais porque “se o fago antes, dirán que quero facer campaña electoral, e os Vigueses Distinguidos son algo moi serio, que están por enriba da política”.
En principio a data de entrega dos premios era o 27 de marzo, pero suspendeuse polo loito oficial tras o accidente aéreo de Germanwings.