
Nun acto con centos de asistentes, no Convento de Vilavella, o secretario xeral dos socialistas de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro, presentou a lista, encabezada por Eduardo Reguera que, como dixo o candidato á Alcaldía, pretende “volver ao goberno local para acabar con catro anos perdidos de xestión do PP”.
Reguera lembrou que a candidatura está “completamente renovada e cunha importante presenza de xente nova, chea de ilusión e preparada para devolver a ilusión aos redondeláns e responder ás xustas demandas sociais”.
Pola súa banda o secretario xeral dos socialistas de Galicia lamentou “o abandono dos servizos sociais de Redondela polo goberno do PP e polas promesas incumpridas da Xunta en materia de educación” e salientou que é a hora dos veciños, “que son os que teñen a oportunidade de elixir a aqueles que se preocuprán polos seus problemas”.