Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer más5.716 ingresos en ‘hospitalización a domicilio’, o ano pasado en Galicia
O ano pasado rexistráronse en Galicia 5.716 ingresos en ‘hospitalización a domicilio’, aos que corresponden 97.499 estanzas, un 5% máis que en 2013. Os doentes recibiron, en total, 25.496 visitas de médicos e 52.871 de enfermaría.
Segundo indicou este venres a conselleira de Sanidade, as ventaxes deste tipo de ‘hospitalización’ son moitas: “unha maior satisfación do enfermo, a implicación do doente e da sua familia nos coidados, mellor evolución da enfermidade, redución do risco de infeccións hospitalarias, ou a diminución da frecuencia das visitas a urxencia e dos ingresos inadecuados”.
Para Rocío Mosquera, a ‘hospitalización a domicilio’ é unha das “ solucións asistenciais máis eficientes”, mentres que o ingreso hospitalario é esencial para o tratamento de pacientes críticos, na realización de procedementos cirúrxicos, técnicas invasivas ou probas diagnósticas de alta tecnoloxía.
A conselleira subliñou que entre os proxectos financiedos con Fondos Feder estase desenvolvendo o ‘Hospital na casa’, co obxectivo de ter no domicilio do usuario as ferramentas necesarias que permitan un desempeño asistencial axeitado ás necesidades do paciente.