Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer más18 bolseiros da Deputación de Pontevedra empezan a traballar o luns en confradías de pescadores da provincia
A Deputación aprobou este xoves ratificar o convenio de colaboración coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da provincia, tal e como se acordou o pasado 13 de abril.
O acordo fora subscrito entre o presidente do ente provincial, a conselleira de Medio Rural e do Mar, os representantes das 22 confrarías da provincia e a propia Federación Provincial de Confrarías.
Segundo informou en rolda de prensa a Rafael Louzán, a institución provincial destinará máis de 700.000 € para apoiar a un “sector estratéxico na comunidade tanto pola súa achega económica coma polo número de traballadores que emprega”.
No convenio inclúese a cesión de 18 bolseiros que durante un ano desenvolverán diferentes tarefas profesionais nos pósitos de A Garda, Aldán, Cangas, Moaña, Bueu, Arcade, Redondela, Vigo, Baiona, Cambados, Carril, Illa de Arousa, Portonovo, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, O Grove, Lourizán e Marín.
Os bolseiros “comezarán o luns, 4 de maio a súa primeira experiencia laboral en varias confrarías da provincia”: trátase de 18 titulados universitarios e de formación profesional que solicitaron participar no Plan de Práctica Laboral pero non conseguiron unha bolsa na convocatoria aprobada o pasado mes de marzo, pero que agora se suman a aqueles 200 mozos do citado Plan que poden ampliar a súa formación e dispoñer da primeira oportunidade profesional.