É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA Deputación de Pontevedra aproba un orzamento de 93.000 € para que 13 concellos atendan axudas de emerxencia
A Deputación de Pontevedra ven de aprobar unha segunda achega de 93.000 € para que 13 concellos poidan facer fronte a axudas básicas de emerxencia. Esta contía súmase á de 259.000 autorizada o pasado 17 de abril para unha primeira relación de 38 municipios de menos de 20.000 habitantes, que tamén poderán facer fronte a estes apoios.
As axudas destínanse a cubrir demandas de carácter urxente e puntual de persoas en risco de exclusión social, con especial atención a ás familias con menores ao seu cargo. Os apoios van de 5.500 a 8.500 € e teñen en conta criterios como a poboación ou a taxa de paro. Así, o ente provincial lembra que, en 2014, estas axudas permitiron atender 1.800 familias de municipios de menos de 20.000 habitantes.
A institución que preside Rafael Louzán tamén aprobou a xestión e execución dos programas sociais ‘Tí tamén conincre’ e ‘Pensa en tí’, que teñen un orzamento total de 529.000 € e posibilitarán a realización de máis de 700 talleres na práctica totalidade dos municipios da provincia.
‘Tí tamén conincre’ ofrecerá 260 talleres nos que participarán máis de 5.000 persoas. Os beneficiarvos son entidades de maiores, pensionistas e xubilados que traballen no ámbito do maior. Pola súa banda, ‘Pensa en tí’ posibilitará o desenvolvemento de 444 accións das que se beneficiarán 8.500 persoas relacionadas con asociacións de veciños, mulleres ou outras similares.