Hai menos dun ano, veciños de Arbo e de concellos portugueses fronteirizos desprazáronse a Compostela para protestar contra a construción dunha liña de alta tensión-de 400 quilovatios- que pasará preto de núcleos habitados.
Naquela ocasión os manifestantes chegaron ata a Praza do Obradoiro cun ataúde para facer visible o seu rexeitamento a este proxecto, daquela denunciaban, como agora, que a liña de alta tensión é “unha ameaza” para as súas vidas porque o electromagnetismo é prexudicial para a saúde das persoas.“Produce cancro, enfermidades cardiovasculares, deformacións xenéticas e demencia senil moito máis acusada”,
De novo, os veciños, repiten que non se opoñen á construción dunha liña destas características para conectar Galicia e Portugal, pero piden que se instale lonxe de zonas habitadas, porque “hai monte abondo”. Segundo o proxecto, en Arbo a liña pasará entre as parroquias de Sela e Barcela por un núcleo de vivendas, “a 10 ou 20 metros” dalgunhas delas.
As protestas continúan e aquel cadaleito está colocado agora na parroquia de Barcela para subliñar o rexeiramento a este proxecto e ás ocupacións de terras iniciadas por Rede Eléctrica.