Galicia

O ex secretario xeral do PSdG, atende á advertencia de Besteiro e renuncia ao seu escano no Parlamento de Galicia

Pachi Vázquez, ex secretario xeral dos Socialistas de Galicia/Tresyuno Comunicación
Pachi Vázquez, ex secretario xeral dos Socialistas de Galicia/Tresyuno Comunicación

O ex secretario xeral do PSdeG, ex conselleiro de Medio Ambiente co bipartito e ex alcalde do Carballiño anunciou este luns que renuncia ao seu escano no Parlamento de Galicia. Hai que lembrar que a semana pasada o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou “concluído” o sumario sobre a investigación a Pachi Vázquez por un suposto delito de prevaricación continuada en relación ao suposto ‘enchufe’ de 37 traballadores no Concello de O Carballiño, cando era alcalde. Agora o alto tribunal galego, que leva a causa ao estar implicado un deputado, debía pronunciarse acerca de se se lle abría xuízo oral.

En rolda de prensa, Vázquez subliñou que xa non é aforado e sinalou que se trata dunha decisión “persoal” baseada en que “en política a coherencia é o principal motor”.

O actual secretario xeral do PSdeG, José Ramon Gómez Besteiro, advertira a semana pasada que o “criterio único” do seu partido “non cambia en función de quen sexa”, e que si o seu antecesor tiña que sentarse no banco dos acusados, debería, seguindo a normas do partido, non so renunciar ao escano senon deixar o PSdG.

También te puede interesar