Os bombeiros de parques comarcais galegos, xestionados por empresas privadas e por administracións públicas, reclamaron este mércores igualdade de condicións en toda Galicia, con actos simultáneos nos que colocaron unha pancarta co lema ‘Rescátanos‘ preto dos seus postos de traballo.
Deste xeito faise visible á opinión pública unha “folga simbólica”, que comezou hai 600 días, para reclamar ao Goberno de Galicia a equiparación de condicións laborais e salariais e a regularización do sector.
A mobilización empezou ás 9 e media da mañá nos 31 parques comarcais de bombeiros de Galicia, entre eles o de Vigo situado en Teis.
CC.OO., UGT, CIG, Asociación Independente de Bombeiros de Galicia (Sigbal) e a Coordinadora Unitaria de Bombeiros Profesionais (Cubp) de ámbito estatal preparan unha manifestación para o día 15 de maio en Compostela para denunciar a “privatización” dos parques de bombeiros, iniciada en Galicia hai máis de 10 anos, e que os profesionais cree que hai que parar “para defender un servizo público de calidade” xa que, advirten, se está a destruír un servizo “esencial para os cidadáns”.