Máis de 1.200 atletas tomarán a saída este domingo, día 10, en Policarpo Sanz (10 da mañá), na Media Maratón de Vigo, que disputa a súa decimoctava edición. Por terceiro ano a proba contará co mesmo percorrido urbano, e haberá tamén unha andaina de 5 quilómetros.
A Media Maratón da cidade é unha proba de atletismo da maior importancia, e os organizadores invitan á cidadanía a que presencien a carreira e vexan o ambiente das grandes probas de atletismo.
Co obxectivo de chegar a máis aficionadaos ao running, os participantes teñen a opción de formar un relevo de 2 o 4 atletas para completar a distancia.