Comarcas

O Choco de Redondela anticipa, esta fin de semana, a chegada de primaveira

Festa-do-Choco-3A 29 edición da Festa do Choco xuntará, esta fin de semana en Redondela a milleiros de persoas que, ademáis, poderán disfrutar e degustar este manxar único preparado de todos os xeitos imaxinables…e ao mesmo prezo que os anos pasados: 8 € a ración.

Como sempre, os restaurantes que servirán o choco o sábado e o domingo– Venus, A Cova,  Casa Rei, Mesón o Tella e  O Tranquilo- garanten que o mesmo será “cento por cento de Redondela”.

Como noutras edicións, a carpa central- que ten un aforo para 700 comensais- estará situada na Alameda, preto do Concello, atendida por máis de 50 camareiros e 15 cociñeiros que, ademáis, participarán en  demostracións de cociña.

Ás mesma sumaranse, durante os dous días, exposicións de coches clásicos, un completo programa de lecer, a feira de artesanía ou atracións para os rapaces.

También te puede interesar