Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
O cerco poderá pescar 2.000 quilos de xurelo por barco e 600 por tripulante, dende o 18 deste mes
O cerco galego, que abrangue a máis de 150 embarcacións, pechou este luns un acordo para fixar un tope diario de captura de 2.000 quilos de xurelo por embarcación máis 600 quilos por tripulante co fin de mellorar a comercialización desta especie.
Logo dunha xuntanza de máis de dúas horas, en Compostela, o sector amosou a súa unión para conseguir mellorar a comercialización e que a cota dure “con moita sorte” polo menos ata o mes de outubro, segundo informou o voceiro da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga).
Con estes topes diarios, se alguén non pode saír a faenar durante algún dos catro días-de luns a xoves- que ten permiso, o resto dos días poderá coller o que lle corresponde por esas xornadas que non capturou xurelo.
Os devanditos topes de captura aplicaranse dende o luns da semana que vén, 18 de maio. Ademais, haberá un mes de parada biolóxica entre decembro e marzo, para rexeneración da especie, o cal non estará subvencionado.
Acerga lamenta que “non hai cota abonda”, xa que neste 2015 hai “un millón e medio de quilos menos” de xurelo entre Fisterra e o golfo de Vizcaya.
A conselleira de Medio Rural e do Mar informou de que o Goberno de Galicia vai tramitar xa a orde para a comercialización porque hai o compromiso asinado na Comisión do Cerco do consello Galego de Pesca para poñelo en vigor a partir do 18 de maio, “independentemente de que a que orde saia ou non publicada”.