O incendio forestal que permanece activo este mércores no concello ourensán de Vilariño de Conso afecta a unhas 50 hectáreas de monte raso situadas en Rede Natura, segundo confirmou a Consellería de Medio Rural.
O lume comezou pouco antes das 12 da noite deste martes na parroquia de Chaguazoso, en Vilariño de Conso. Nos traballos de control deste incendio participan cinco axentes forestais e 13 brigadas.