O Concello porá en marcha o próximo 1 de xuño a primeira fase do plan de tráfico especial de colexios que, nunha primeira fase piloto, contará coa participación de 13 centros escolares. Segundo o alcalde, que tivo unha xuntanza con directores dos centros, 80 colexios sumaranse a este plan dende o 1 de setembro que, entre outras medidas, pretende favorecer o uso dos coches das familias dos alumnos, nas entradas e saídas dos colexios.
Así, o Concello dará prioridade de aparcamento a eses vehículos, suspendendo a ORA nos horarios de entrada e saída dos centros; ademáis haberá voluntarios axudando aos rapaces para que non corran perigo-algo semellante ao que fan noutros países, como os Estados Unidos- voluntarios que poderían seleccionarse entre os coidadores de barrio ou persoas contratadas nos plans de emprego municipal.