O sector lácteo galego exporá este mércores as súas reivindicacións en Madrid, ante o Ministerio de Agricultura, co fin de que se garanta a recollida a gandeiros do leite tras o fin das cotas por un prezo xusto e non por debaixo de custos de produción.
Unións Agrarias lembra que o Ministerio de Agricultura comprometeuse a ter unha resposta, hoxe, sobre os 1.100 ‘contratos lixo’ remitidos polo sindicato agrario nos que se denuncia prezos por debaixo de custos de produción que van dende os 18 aos 22 céntimos o litro, que afectan máis de 3.000 gandeiros.
O sindicato remitiu o 11 de maio a Agricultura un total de 1.100 contratos lácteos fraudulentos por imposicións da industria a produtores en prezo e volumes de recollida co fin de que proceda á súa anulación e para que se recoloquen a prezo de mercado.
No encontró, no que tamén participarán cooperativas e a Federación de Industrias Lácteas, se formulará a necesidade da retirada de excedente de leite líquido do mercado para convertelo en leite po e que non haxa sobresaturación tras o fin das cotas lácteas.