Comarcas

O Concello de Redondela abre o prazo para solicitar axudas para material escolar para nenos de 3 a 5 anos

Concello-de-RedondelaA Concellería de Servicios Sociais, Muller, Igualdade e Ensino do Concello de Redondela, abriu o prazo ata o día 10 de xullo para solicitar axudas para a adquisición de libros e material curricular destinadas a alumnos matriculados en centros docentes publicos de educación infantil (segunda etapa, de 3 a 5 anos) do concello, para o curso escolar 2015/2016.

Para poder optar ás axudas, os solicitantes deberán ter a condición de pai, nai o titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación infantil (segunda etapa), nun dos centros públicos de Redondela durante o curso escolar 2015/2016. Estar empradronado no concello de Redondela e ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 8.125 € no caso de familias monoparentais e de 7.500 € no caso do resto das familias, segundo as bases que poden consultarse premendo aquí.

También te puede interesar