É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másOs concelleiros da Marea farán públicos os seus bens cada 6 meses e pedirán que se coñezan todos os expedientes do Concello
Os tres concelleiros electos da Marea de Vigo, farán pública a unha declaración dos seus bens e ingresos, “e faremos unha actualización cada 6 meses” para que os veciños poidan ver que a súa situación ao chegar ao Concello será a mesma que cando deixen os seus postos.
Rubén Pérez, candidato á Alcaldía, salientou que A Marea ten a intención de que este obxectivo de transparencia sea xeral en todo o Concello, polo cal unha das súas primeiras acción será facer públicos os expedientes de contratos e concesións, ademais explicar aos cidadáns cómo funciona o orzamento local e pedir a creación dunha comisión de investigación sobre as contratacións nas empresas municipais.
Pérez, Xosé Lois Jácome e Marga López, que tomarán posesión o vindeiro 13 de xuño, calificaron como positivos os resultados da Marea nas Eleccións Locais do pasado domingo, ainda que, salientaron, “teremos dificultades” para exercer a laboura de oposición diante da tremenda maioría do alcalde.
“Non pedimos a Caballero que sexa xeneroso con nós, pedímoslle que aplique a lei escrupulosamente”, dixo Rubén Pérez, quen adiantou que o traballo de oposición terá dous eidos: dentro do Concello e fora del, porque “en democracia, cando dentro das institucións hai comportamentos que non contrarios á función desa institución, existe a obriga de movilizarse”.
Os novos concelleiros calificaron de “triste” que o BNG non entrase na Corporación xa que, subliñaron, era un “socio estratéxico” na laboura de oposición, e repetiron que a súa intención é ser leais ao seu programa, “que non o temos de adorno”, que estará presente en toda a súa “acción diaria” dentro da Corporación.