É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO Plan de Tráfico para Colexios empeza a funcionar, como experiencia piloto, este luns, día 1 de xuño
O Concello empezou a informar a país e nais de alumnos do novo Plan de Tráfico para Colexios dentro do cal, como adiantou o alcalde, se reservarán, de media dez ou doce aparcamentos nas horas de entrada e saída dos alumnos. O 1 de xuño comeza de xeito experimental en 4 centros e noutros 9 arrancará o 8 de xuño, para aplicarse no resto de colexios a partires do próximo curso escolar.
Abel Caballero salientou que este luns empeza o plan piloto no colexio Maristas (con reserva de estacionamentos en Venezuela entre as 08:15 e as 09:15h e de 13:30 a 14:30 horas), na Compañía de María – Enseñanza (con zona acotada para aparcamento em Colmeiro Laforet de 08:30 a 09:30h), no Escultor Acuña (con estacionamento reservado de 08:30 a 09:15h e de 13:30 a 14:15h, na rúa Estrada) e no Lope de Vega (con estacionamento propio de 08:30 a 09:15h).
O luns seguinte, 8 de xuño, arranca este plan piloto noutros nove centros: María Auxiliadora – Salesianos, García Barbón, Vicente Risco, Amor de Dios, Illas Cíes, Doutor Fleming – Villa Laura, María Inmaculada – Carmelitas, San Miguel Nebrija – O Castro e Padre Míguez – Las Calasancias.
Instalarase un sinal de tráfico que prohibirá estacionar nos horarios delimitados, salvo para deixar e, eventualmente, recoller ao alumnado dos citados centros, explicou o alcalde, quen avanzou que haberá efectivos de Policía Local para ordenar o funcionamento do plan.
Caballero reiterou que o plan da comezo en xuño de xeito inicial, con vocación de aprender da experiencia para implantalo nos 80 colexios da cidade a partires do próximo curso.