Galicia

Lugonovo non dará marcha atrás, “non haberá contacto co PSOE si non anuncia que rexeita que Orozco siga na Alcaldía”

Orozco, alcalde de Lugo en funcións
Orozco, alcalde de Lugo en funcións

O candidato de Lugonovo á Alcaldía da da capital asegurou este venres que a formación non volverá reunirse co PSOE local mentres “Orozco non abandone a pretensión de ser alcalde”.

Lugonovo é unha das chaves que ten o PSOE lucense para facerse co goberno na cidade, despois de conseguir nas eleccións do pasado domingo 8 concelleiros fronte aos 9 do PP. O actual rexedor deberá lograr o apoio dalgunha das outras forzas presentes na Corporación, Lugonovo, con tres concelleiros, BNG e Ciudadanos, con dous, e Alternativa Cidadán de Esquerdas, que conta cun.

“É a nosa posición innegociable: se Orozco abandona a pretensión de ser alcalde, estaremos en disposición de negociar e favorecer un goberno progresista en Lugo coas forzas da esquerda presidido por un socialista”, advertiu Santiago Fernández Rocha.

Representantes da comisión negociadora de Lugonovo xa mantiveron un primeiro encontro cos socialistas, aos que deixaron clara esa condición, dado que consideran “irresponsable” outra posición. “Orozco ten unha seria responsabilidade política no que aconteceu en Lugo nos últimos anos”, sostivo Fernández Rocha.

Ante o escenario de apoios dende o PSOE cara a Orozco, Fernández Rocha confiou en que todo obedeza “a unha especie de xestión do do”, para que non teña que marchar de xeonllos e marche con certa dignidade”.

También te puede interesar