
Máis de 1.000 rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos-alumnos dos colexios do barrio-, participaron este domingo na VII Maratón Infaltil de Coia, organizada pola Asociación de Veciños Cristo da Vitoria co apoio do Concello.
Dende as 10 e media da mañá, en un circuito delimitado na contorna da asociación -Praza Cristo da Vitoria e rúas Baiona e A Garda- disputáronse as distintas probas, organizadas por categorías de idade e nenos e nenas.

O alcalde, acompañado pola primeira tenente de alcalde e o concelleiro de Deportes, foi o encargado de entregar as medallas aos deportistas que tomaron a saída e que representaban aos colexios Montesol, Celso Emilio Ferreiro, Cristo da Vitoria, Don Bosco, Emilia Pardo Bazán, Seis do Nadal, Illas Cíes, Escultor Acuña, Pintor Laxeiro e Virxe do Rocío.
A Maratón Infantil de Coia é un dos máis destacados eventos deportivos dos máis de 300 que, en todos os niveis e modalidades, se celebran cada ano en Vigo e que fan da cidade a que organiza en Galicia máis citas relacionadas coa actividade física, o que fai de Vigo un punto de referencia nos calendarios de competición do Estado.