Segundo informan os representantes dos traballadores, a protesta do persoal de Cespa prevista para hoxe ás 11, diante do Concello, suspendeuse por “problemas coa autorización”. Os traballadores anunciarán proximamente a convocatoria de novas mobilizacións para reclamar a inclusión de 19 persoas no censo do prego de condicións da adxudicación.
Hai que lembrar que a plantilla de Cespa- concesionaria municipal da limpeza de parques e xardíns, iniciaron movilizacións para esixir que o novo prego de condicións para a contratación dunha nova concesionaria, engada a subrogación da “totalidade do persoal da empresa”, algo que os traballadores denuncian que non se cumple xa que quedan fora do mesmo 19 deles.
Pola súa banda, o Concello asegura que o concurso cumpre todos os requistos legais, entre eles a inclusión do listado, íntegro, de traballadores, facilitado por Cespa.