Galicia

A creación de empresas en Galicia cae un 8,5%

Negocio343 sociedades mercantís constituíronse en Galicia en maio deste 2015, o que supón 32 menos que no mesmo mes que hai un ano, un 8,5% menos, segundo difundiu, este xoves, o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Son, en total, 18 empresas menos que as constituídas en Galicia en abril deste ano, un 5% menos, en base aos datos da Explotación deo Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (Borme). Por provincias, A Coruña e Pontevedra rexistraron en maio o maior número de constitucións, co 41,1% das sociedades mercantís creadas na provincia de Pontevedra e o 38,8% na Coruña. O 12,2% das novas empresas fixou a súa sede na provincia de Ourense e o outro 7,9% restante en Lugo.

Todas as empresas constituídas en maio en Galicia adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada. O capital medio subscrito por este tipo de sociedades foi de aproximadamente 55.900 € por empresa. Pola súa banda, este mes non se creou ningunha sociedade anónima.

O 30,6% das empresas creadas en maio pertence á rama do comercio, as seguintes actividades en importancia son a construción (12%) e a hostalaría (9,6%).

También te puede interesar