Galicia

Lara Méndez, primeira muller que chega á Alcaldía de Lugo

Lara Méndez, nova alcaldesa de Lugo
Lara Méndez, nova alcaldesa de Lugo

Lara Méndez convertiuse, este sábado, na primeira alcaldesa na historia de Lugo, no Pleno de constitución da Corporación, na que recibiu 13 votos, os 8 do seu partido, o socialista, 3 de Lugonovo e 2 do BNG.

Lugonovo e o BNG deron o seu apoio a Méndez logo da renuncia do que foi, dende 1999 ata hoxe, alcalde da capital lucense, Xosé López Orozco, quen renunciou ao acta de concelleiro para facilitar o goberno da esquerda Lugonovo e o BNG esixían para apoiar á socialista que Orozco presentase a súa demisión-. Pola súa banda, os 9 concelleiros do PP, votaron por Jaime Castiñeira, os 2 de Ciudadanos, pola súa líder, Olga Louzao, e Alternativa Cidadá de Esquerdas, con Carlos Portomeñe, se han votado a sí mismo.

A nova alcaldesa adiantou como eixes da súa xestión a “transparencia e participación ciudadana”, como dixo no seu discurso. “A transparencia é fundamental para que a administración municipal esté preto dos veciños porque unha persona so pode achegarse ao Concello se o coñece, polo cal adoitaremos medidas concretas que, dende o primeiro minuto de este novo goberno, alumeen a actividade municipal”, subliñou Lara Méndez.

También te puede interesar