
Xosé Manuel Rodríguez Méndez, laboralista de 50 anos, pai de dous fillos e veciño de Tortoreos é, dende este sábado, o primeiro alcalde nacionalista de As Neves. Rodríguez, cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego nas Eleccións do pasado 24 de maio, acadou 4 concelleiros, por 5 do Partido Popular e 2 do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE.

Un acordo co líder dos socialistas de As Neves, Eduardo Mariño, que asumirá a primeira Tenencia de Alcaldía, levou ao relevo á fronte do Concello do popular Raúl Emilio Castro, que levaba no cargo 12 dos 32 anos que os populares xestionaron o goberno local.

No seu discurso de aceptación do cargo, o novo alcalde subliñou que será un proxecto político transparente, comprometido, e participativo, e afirmou que a longo dos 21 días de negociacións, conseguiron amear, o cal e moi importante chegar a tal acordo, xa que ameando é dando ter independencia, pero traballando xuntos por unha causa, e lembrou queque se trata de unha transción e que se trata de un cambio histórico, xa que se trata da primeira vez que hai un goberno de coalición.

O tándem Rodríguez-Mariño, BNG-PSOE, chega cun modelo de goberno e de Concello “actuais e innovadores”, no que o protagonismo sexa para os veciños, que ten como obxectivo esencial, “os intereses das persoas, os seus problemas, o seu benestar e as súas necesidades”, e que, baseado na ilusión e no traballo, “empregue a transparencia e a participación cidadá como ferramentas de impulso democrático”.

Outras das directrices do novo goberno local será a de “fixar poboación, crear emprego, e dotarse de mellores e actuais servizos públicos”, algo que será posible só cun “goberno conxunto, cun so equipo de traballo” que, somo subliñaron o novo alcalde e tenente de alcalde, os veciños atopen “sempre preto” e disposto a escoitar as súas ideas, queixas, suxestións e necesidades, “porque é un equipo formado por veciños” de Liñares, Tortoreos, Santiago de Ribarteme, Vide, Rubiós, Setados, San Pedro de Batalláns, San Cibrán de Ribarteme, Cerdeira, Taboexa, Santa Eulalia de Batalláns, As Neves e San José de Ribarteme.