Galicia

Sanidade investiga as causas da intoxicación alimentaria de varias persoas en Laxe

Intoxicación alimentariaSanidade, a través do departamento de Saúde Pública, espera aos resultados das enquisas epidemiolóxicas en marcha para esclarecer a orixe da intoxicación alimentaria de media ducia de persoas en Laxe, supostamente cunha partida de carne procedente de Compostela.

O Goberno galego subliña que non se pode sinalar con total seguridade cal foi o alimento causante da intoxicación, nin o axente que causou a mesma, por iso, serán os técnicos, co resultado da investigación, logo da recollida de mostras- feces e restos do alimento se os hai- os que determinen qué foi o que pasou realmente.

Saúde Pública xa procedeu a solicitar a información das persoas en afectadas, do método de preparación dos alimentos inxeridos por elas, e iniciou a recollida de feces, así como de resto dos alimentos consumidos para analizar, co obxectivo de «ver de onde procede e como se puido contaminar».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.