Seguen subindo as temperaturas: en Ribadavia o termómetro chegou ais 34 graos, o mesmo que en Arbo; no concello lucense de Quiroga rexistráronse 33 e en Rianxo 31. Por cidades, en Ourense rexistráronse 34 graos, en Lugo 26, en Santiago 29,7, en Pontevedra 35,3 e en Vigo os 32,2.
A responsable deste calor é unha masa de aire africano que ascende pola península. Ese fenómeno atmosférico afecta de xeito moi uniforme, por iso, estanse a rexistrar máximas moi semellantes nas localidades do interior e nas da costa.
As previsións din que a situación vai seguir máis ou menos igual ata a fin de semana, xusto ata a entrada oficial do verán, este domingo.