O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) ordenou o peche en cinco polígonos de bateas da ría de Arousa pola presenza de biotoxinas. En concreto, pecháronse os polígonos de Ribeira B, A Pobra H, Cambados A1 e Cambados B e Grove C1. Esta mesma semana, desde o luns, fóronse sucedendo as prohibicións á extracción noutros seis polígonos da mesma ría, así como noutro da de Ares-Betanzos e en tres de Vigo.
Esta nova afectación da ‘marea vermella’ prodúcese despois de que os viveiros flotantes de cultivo de mexillón galegos estivesen sen actividade durante varias semanas, coincidindo coa floración da primavera.
Eso sí, a maior parte dos polígonos aínda permanecen abertos na ría de Arousa, ben ao contrario do que ocorre en Pontevedra -onde todos están pechados- e en Vigo, onde a maioría teñen o veto á extracción.