Galicia

420.000 persoas subiron xa ao tren de velocidade alta Vigo-A Coruña

O tren de celocidade alta na estación de Urzáiz/Tresyuno Comunicación
O tren de celocidade alta na estación de Urzáiz/Tresyuno Comunicación

A ministra de Fomento cualificou este sábado de “reconfortantes” as cifras do ferrocarril en Galicia, xa que a utilización do tren Madrid-Galicia “creceu dende 2011 un 150 %”, mentres que o Eixo Atlántico de Alta Velocidade superou os 420.000 pasaxeiros dende a súa posta en marcha en abril.

“Para aqueles que dicían que Galicia non necesitaba AVE, dicirlles que Galicia, cando se lle pon un tren do século XXI, utiliza o AVE máis que ninguén”, indicou a ministra de Fomento durante unha visita institucional ao Concello de Ourense.

Pastor engadiu que “o AVE non é un luxo” e lembrou que “en España están a utilizar cada vez máis persoas este tren, que é o tren do século XXI…o que pasa é que non podemos ter trens do século XIX, e iso é ao que nos estamos a dedicar”, salientou.

You may also like