Galicia

Un morto e 111 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

ambulancia-amarilla-061O 061 atendeu a 111 persoas que resultaron feridas nos 65 accidentes de tráfico que se produciron nas estradas de Galicia a pasada fin de semana. Segundo informa a Central deste servizo, as ambulancias medicalizadas realizaron seis saídas; as asistenciais, 71; e as convencionais, 3, os médicos das Asistencia de Atención Primaria acudiron a 6 destos accidentes e o helicóptero do servizo, a 1.

95 feridos foron levados aos centros sanitarios; outros 15 non necesitaron traslado sendo atendidos no lugar do accidente, e unha persona morreu no acto.

Por provincias, Pontevedra foi a provincia que rexistrou o maior número de accidentes, 35, por diante de A Coruña, con 22; e Lugo e Ourense, 4 en cada unha das provincias.

También te puede interesar