Galicia

600.000 asistentes fan do Arde Lucus a festa máis importante de Galicia

Arde-lucus3Foto: elblogdenerioazul.blogspot.com/600.000 persoas achegáronse a Lugo para disfrutar e participar no Arde Lucus deste ano, celebrado ata o pasado domingo. Á vista deste dato, o Concello plantexou, tendo en conta a asistencia a esta  recreación da cidade imperial, como era hai 20 séculos, solicitar a súa declaración como Festa de Interese Turístico Nacional.

Dacordo cos datos da Consellería de Cultura, o Arde Lucus deixou na cidade nos tres días de festa uns 6 millóns de euros, unha cantidade á que habería que “sumarlle todo o volume de negocio que xeran nos comercios lucenses os preparativos”.

O orzamento municipal adicado á edición deste ano foi de  172.000 €, aos que hai que sumar os 50.000 € de empresas colaboradoras, os preto de 30.000 € dos alugueiros dos postos do mercado romano, e preto da mesma cantidade aportada polos restaurantes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.