É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másDarío Campos, alcalde de A Pontenova, candidato socialista á Presidencia da Deputación de Lugo
O Partido dos Socialistas de Galicia, ven de anunciar que propón a Darío Campos, alcalde de A Pontenova, como candidato á Presidencia da Deputación de Lugo. Deste xeito, os socialistas retiran a Manuel Martínez, rexidor de Becerreá, que fora vetado polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), por estar imputado.
A retirada de Martínez abre unha interrogante xa que o alcalde de Becerreá xa anunciou que non estaba disposto a retirar a súa candidatura e que na elección de presidente votaríase a sí mesmo.
Se fixera isto, o Partido Popular, que ten 12 deputados provinciais, faríase coa dirección do ente provincial lucense, dado que a suma do PSOE-que quedaría con 10 votos sen o de Martínez- más os 2 do BNG- sumarían tamén 12, pero , dacordo coa lei electoral, o elixido sería o representante do partido máis votado na provincia nas pasadas Eleccións Municipais: o Partido Popular.