Comarcas

Apagado o lume que queimou 33 hectáreas de monte en Soutomaior

IncendioSegundo informa Medio Rural, o incendio que queimou 33 hectáreas-segundo datos ainda provisionais- no concello de Soutomaior, quedou extinguido este xoves preto das 3 e media da mañá. En total da devandita superficie, 26 das hectáreas afectadas polo lume, 26 son de árbores e 7 de monte baixo.

O lume empezou pouco antes das 2 da tarde deste mércores e avanzou sen control ata o final da tarde, cando os cinco axentes forestais, seis brigadas, unha pa, dous avións e un helicóptero o controlaron.

You may also like