A morte de Enrique Casanova, o xente forestal que morreu onte logo de apagar un lume na parroquia de Vilamor, no concello lucense de Guntín, levou ao Corgo, de onde era veciño e no que foi concelleiro do BNG 16 anos, a decretar tres días de loito.
Logo de apagar o lume, Henrique sentiuse mal e foise en coche e, segundo todos os indicios, a falla da autopsia, foi nel onde sufriu un infarto e morreu.