O incendio que se declarara este luns, sobre as 5 da tarde, na parroquia de Calo, no concello coruñés de Teo, quedou extinguido pasadas as 3 da mañá deste martes, segundo confirmou a Consellería de Medio Rural. Dacordo coas súas estimacións, o lume arrasou unha superficie superior ás 55 hectáreas.
O vento fixo que fose necesario que o Goberno de Galicia decratase o ‘nivel dous’ de importancia, dado que as chamas achegáronse a varias casas, o que fixo temer pola integridade dos veciños.
Dacordo coa previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o risco de incendios en Galicia é ‘extremo’ este martes, feito motivado polas altas temperaturas, especialmente no interior, que no caso de Ourense e Lugo fixo que se decretase a alerta amarela por temperaturas altas, en especial en Valdeorras e no sur da provincia lucense nos que se agarda que o termómetro chegue aos 40 graos.