¿Queres visitar a Praia das Catedrais, na costa de Lugo?, ben, pois dende este mércores, día 1, podes descargar unha aplicación, no enlace ascatedrais.xunta.es, e reservar quenda para ir.
É importante que si tes previsto disfrutar do monumento natural máis admirado de Galicia, fagas esa reserva porque, dende hoxe, so poderán entrar na praia un máximo de 4.812 persoas cada día.
O Goberno de Galicia tivo que tomar a medida de limitar o acceso á praia despois de que a mesma empezase a deteriorarse seriamente a causa do incivismo de moita xente que, ademáis de emporcar o areal con lixo de todo tipo, chegou a quitar parte das rochas para collelas como suvenir, mesmo a deixar o seu nome escrito nas grutas, danando o considerado espacio natural máis importante da xeografía galega.
Por todo elo dende agora, calquera persoa que queira acudir a este espazo protexido terá que facer unha reserva por Internet cunha antelación máxima de 15 días e ata o mesmo día da visita.