Nas praias de Vigo lucen desde esta mañá as 9 bandeiras azúis que acadaron outros tantos arenais. O alcalde subliñou que as de O Vao, Argazada, Rodas, Figueiras, A Punta, Tombo do Gato, Muíños do Fortiñón, Canido e Fontaíña, fan de Vigo a cidade do Estado con máis bandeiras azuis
Na colocación da bandeira en Argazada, Caballero comentou que para atender a seguridade destes e do resto dos arenais, hai unha Unidade de Coste e Praia da Policía Local, con 16 axentes, aos que se suma unha media de 7 u 8 efectivos de Protección Civil, en cada quenda.
Asimesmo, engadiu que mantense o servizo de Socorrismo como en anos anteriores -entre o 15 de xuño e o 15 de setembro- e que este verán, como novidade, “haberá permanentemente nas praias 6 diplomados en enfermería e unha ambulancia propia”.