
Os concellos de Crecente e Arbo, conxuntamente, convocan dúas concentracións este venres, día 10, como repulsa asasinato de Beatriz Rodríguez, de 30 anos, e a súa parella, Sergio Rodríguez, de 36, veciños destas localidades, e contra a Violencia de Xénero.
Os actos terán lugar na praza do Concello de Crecente ao mediodía e na praza do Consistorio de Arbo á 1. Segundo informan os dous concellos- que convocan a toda a cidadanía a participar nos actos- as familias das vítimas lerán un comunicado.