Galicia

Atopan un dispositivo incendiario caseiro nun lume ainda activo en Cotobade

Foto Medio Rural
Foto Medio Rural

Segundo informa na súa conta de Twitter a Consellería de Medio Rural, atopouse un dispositivo incendiario caseiro, composto por mistos e un cigarro no incendio activo en Cotobade.

O lume, que ainda non está controlado, e que empeza a estabilizarse, xa queimou máis de 8 hectáreas de monte, dacordo cos datos, ainda provisionais, da propia consellería.

Medio Rural informa doutro incendio activo no concello ourensán de Baltar, na parroquia de Texós. O lume iniciouse pasadas as 4 e media da tarde deste xoves e na súa extinción traballan un axente forestal, 6 brigadas, 5 motobombas, 3 helicópteros e 6 avións. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais, sitúase arredor das 20 hectáreas.

 

 

También te puede interesar