Máis de 150 hectáreas queimadas no parque natural Serra do Xurés. Ese é, ata este momento o dano causado por un incendio, que non está controlado, e que afecta ao concello ourensán de Calvos de Radín.
Segundo Medio Rural, o lume, que empezou este mércores pasadas as 6 da tarde, espallouse rápidamente e non foi posible atallalo.
Na loita contra o mesmo participaban, á hora de facer esta información, 17 brigadas, 9 motobombas, 8 avións, 6 helicópteros, 3 axentes forestais e dúas pas.