Segundo ven de confirmar Medio Rural, un incendio que se declarou este venres pasadas as 2 da mañá, na parroquia de Montes, no concello ourensán de Cualedro, segue activo e incontrolado e xa queimou máis de 20 hectáreas.
Medio Rural tamén informa de que está controlado o lume de Calvos de Randín, que arrasou unhas 150 hectáreas e que tamén está baixo control o de Xinzo de Limia, logo de queimar 25 hectáreas.